Eficiente vitoria do Celta B ante o Betanzos

celta_b_-_betanzos_3-0.jpg

Os célticos acertaron nos seus únicos disparos entre os tres palos

 

RESUMO DO PARTIDO EN CELTA TV

 

Os vigueses mostráronse efectivos e, no minuto 19, Camochu aproveitou un bo pase en profundidade para abrir a lata dos goles. O asturiano enviou raso o balón, por baixo do porteiro, para anotar o primeiro tanto do encontro.

 

Camochu, cun remate de cabeza demasiado desviado e Madinda, cun gran lanzamento a balón parado que despexou con dificultade Diego, puideron marcar o 2-0. Ao Betanzos custáballe mesmo máis chegar á área. Un disparo cruzado de Vispo, buscando o segundo pau, foi a única acción que inquietou ao conxunto vigués.

 

Os de Pichi Lucas despediron o primeiro tempo acertando no seu segundo remate entre o tres paus. Centro aéreo de Madinda, desde o centro do campo, que deixou só a Félix ante o porteiro. O celeste cabeceou picado de primeiras para pór o 2-0 no marcador de Barreiro.

 

Na segunda parte as ocasións e o xogo nas áreas foi aínda máis escaso que no primeiro tempo. A pesar de todo, o Celta B mantiña un claro control do partido ante un Betanzos que non daba sinais de recuperación. No minuto 74, centro desde banda dereita que Añón remata de primeiras coa súa perna dereita. Foi o definitivo 3-0.

 

FICHA TÉCNICA

 

3-CELTA B: Rubén, Jonny, Víctor Vázquez, Maestre, Maceira, Antón, Madinda, Añón (Marcos Torres, 77′), Félix (Thaylor, 74′), Rubén Martínez e Camochu (Borja, 70′)

 

0-BETANZOS: Diego, Botana, Jacobo (Juanca, 82′), Angeriz, Rebollo, Michi, Xoel (Miguel, 88′), Otero, Felipe, Cata e Vispo (Nico, 70′)

 

Goles: Camochu, 1-0 (min.19); Félix, 2-0 (min.45); Añón, 3-0 (min.74)

 

Árbitro: Brito Regadera. Amonestou a Jacobo e Michi

 

Campo: Barreiro

Leave a Reply

four × 1 =