Hemeroteca celtismo

#Embárcate: Arrinca a campaña de abonados do RC Celta con grandes novidades e vantaxes

RC Celta

 ARTICULO_WEB_1300x740_01.jpg

 

O RC Celta pon en marcha este mércores pola tarde, a partir das 16.00 horas e baixo o lema “Embárcate”, a campaña de abonados para a tempada 2017/2018 con grandes novidades e vantaxes encamiñadas a apontoar o crecemento, mellorar a atención e potenciar a animación e a asistencia.

 

Prezos

 

En primeiro lugar, o club mantén o prezo do abono básico da anterior campaña, ao que se lle aplica únicamente o IPC, e que sostén ao RC Celta entre os clubs cos abonos máis económicos de Primeira División. A cota de alta segue tamén sen cambios.

 

As altas, tamén con Desconto e sen Día do Club

 

Ademais, dáse continuidade ao desconto dun cinco por cento e a exención do suplemento establecido para os Días do Club, un mínimo de tres, aos abonados que renoven antes do 30 de xuño. Por primeira vez, aplicaranse tamén ambas vantaxes ás altas que se produzan antes desa data. Xa que logo, tanto renovacións como altas tramitadas antes do 30 de xuño terán un 5 por cento de desconto, acumulable ao Familiar ou Accionista, e estarán exentas de pagar suplemento os días do club. Ambos trámites poden realizarse online de xeito sinxelo e seguro. Neste caso, os abonados recibirán o carnet, incluído nun pack de benvida, no seu domicilio.

 

Financiamento online

 

Os abonados celestes poderán financiar o seu carnet, xa sexa un ou varios, en cómodos prazos de tres, seis e dez meses tanto online como de xeito presencial. Si óptase por realizar o trámite online para evitar colas e desprazamentos, basta con acceder a esta opción a través da web oficial do club, onde haberá un espazo específico, e seguir uns sinxelos pasos. Si o abonado prefire acudir ás taquillas de Balaídos deberá presentar o seu DNI e un número de conta de calquera entidade bancaria. O financiamento será posible en cantidades que oscilen entre os 200 e os 2.000 euros cunha cota mínima de 30 euros e está exenta de comisión de apertura.

 

Premio á asistencia

 

O RC Celta lanza nesta campaña unha nova iniciativa co obxectivo de que o equipo estea o máis arroupado posible ao longo da tempada. Aqueles abonados que asistan a máis dun 80 por cento dos partidos oficiais en Balaídos, Liga e Copa, gozarán dun dez por cento de desconto no abono da seguinte tempada.

 

Prezo especial da nova camiseta

 

Os socios que renoven ou se dean de alta antes do 30 de xuño terán a oportunidade de reservar a un prezo especial, e financiala co seu abono si así o desexan, a nova camiseta da tempada 2017/2018. Estes abonados poderán reservar a súa camiseta por 67 euros, un 16 por cento menos que o prezo de venda ao público, e recollela no momento no que comece a súa distribución na tenda oficial do club.

 

Grada 1923

 

Balaídos terá un espazo propio destinado a incrementar a familia celeste e reunir aos abonados máis animosos para que o equipo reciba un alento intenso e continuado durante os partidos. A Grada 1923, situada nun lateral de Río Baixo, terá unhas condicións realmente especiais, cun prezo moi reducido que propicie unha numerosa asistencia nesta zona. Os carnets para esta grada poderanse tramitar tanto online como en Balaídos a partir do venres ás 9.00 horas.

 

Pack de bienvenida

 

Os abonados celestes recibirán, nas taquillas si realizan os trámites de xeito presencial, ou na súa casa si o fan online, un pack de benvida que xunto ao seu carnet inclúe unha pegatina e unha bolsa personalizada do club.

 

Descontos habituais

 

Ademais do cinco por cento para renovacións e altas antes do 30 de xuño, os socios poderán gozar dos descontos habituais do 10 por cento para o abono familiar ou o accionista, neste caso, e como sempre, non acumulables entre si.

 

Numerosas vantaxes

 

A ’familia celeste’ gozará de numerosas vantaxes, entre elas, o acceso aos partidos do Celta B ou do CD Bosco Celta Baloncesto da Liga Feminina 2, descontos nos negocios da nova sé social da rúa do Príncipe e en numerosos establecementos da cidade, ademais dun 10 por cento na tenda oficial. Terá tamén prezos especiais nas actividades deportivas da Fundación Celta e prioridade no acceso ás entradas para partidos do RC Celta como visitante, entre outras vantaxes.

 

Horarios

 

As taquillas de Balaídos permanecerán abertas ao longo do mes de xuño de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de xeito ininterrumpido.

 

ENTREGABLE_-_A43mm_DOBLE_CARA-1.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas