emmanuel-apeh-lorca.jpg
Celta b

Emmanuel Apeh: fortaleza física, xogo aéreo e remate para o ataque do Celta B

RC Celta

Novo reforzo para o ataque do Celta B. O filial suma á súa zona ofensiva un gran poderío físico, forza e contundencia coa chegada do nixeriano de 21 anos Emmanuel Apeh, procedente do Lorca, co que disputou 24 partidos en Segunda División.

Trátase dun dianteiro centro que domina á perfección tanto o xogo de costas como o aéreo, bo rematador e que ofrece ademais un gran compromiso defensivo. Emmanuel Apeh asina por unha tempada con outras tres opcionais.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas celta b Novas celta b

Noticias recomendadas