Emotiva homenaxe ás nais do celtismo

 Madres.jpg

 

O RC Celta e a súa afección homenaxearon esta noite en Balaídos ás nais na previa do partido ante o Athletic. Os xogadores saltaron ao céspede de Balaídos acompañados por abonadas e de nais de futbolistas e empregados do club. Ademais, o equipo vestiu unha camiseta especial coa lema #NaiDaAfouteza antes do partido.

 

O momento máis emocionante cando o adestrador celeste Eduardo Berizzo recibiu a visita por sorpresa da súa nai, que viaxou desde Arxentina inivitada polo club celeste. 

 

A tenda do RC Celta en Balaídos tamén se suma á celebración do Día da Nai con descontos do 30% en toda a roupa oficial da tempada 16/17. Ademais, as compras superiores a 50 euros levarán de agasallo unha pulseira conmemorativa de deseño exclusivo.

 

Leave a Reply

8 − 4 =