Emotiva visita do RC Celta aos nenos do Álvaro Cunqueiro


O RC Celta e a súa Fundación viviron esta mañá un dos actos máis emotivos do ano para ambas entidades. Os xogadores e o corpo técnico do primeiro plantel, acompañados por algúns directivos do club, acudiron á Planta de Pediatría e ás Urxencias do Álvaro Cunqueiro para debuxar un sorriso na cara dos nenos ingresados no hospital.

Os futbolistas visitaron aos pequenos nas súas habitacións, onde asinaron autógrafos e entregáronlles diferentes agasallos de Nadal nunha xornada marcada pola ilusión e felicidade dos nenos.

Este entrañable evento é moi especial para o club e todos os seus integrantes, quenes gozan levando alegría aos máis pequenos que deben estar ingresados nunhas datas tan sinaladas.