Celtismo

Emre Mor contestará ás preguntas do celtismo na súa presentación

RC Celta

emre_mor_instagram.jpg

 

Emre Mor preséntase ante o celtismo este venres 8 de setembro ás 20:00 horas en Balaídos e o club puxo en marcha en Twitter unha acción iniciativa coa que implicar directamente aos afeccionados neste evento.

 

Todos os seguidores da conta oficial @RCCelta que durante o martes, mércores e xoves publiquen un chío cunha pregunta dirixida a Emre Mor acompañada do hashtag #EMResponde, entrarán no sorteo dunha bufanda oficial do RC Celta autografiada pola nova fichaxe celeste. De entre todas as mensaxes publicadas, o club fará unha selección de preguntas que Emre Mor contestará o día da súa presentación ante os afeccionados.

 

O RC Celta anima a todos os seguidores celtistas a acudir a Balaídos este venres para dar a máis calorosa das benvidas ao futbolista e participar nun evento moi especial.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas