O atacante celeste Emre Mor é un dos 25 xogadores finalistas ao Golden Boy 2017, o prestixioso galardón anual que o diario deportivo italiano Tuttosport entrega desde 2003 ao mellor futbolista europeo menor de 21 anos. Un xurado formado por xornalistas especializados elixirá o gañador.
Emre Mor convértese nun dos nomeados finais tras superar a selección previa de 98 xogadores, na que tamén se atopaba o canteirán e ex xogador celeste Pape Cheikh. Mor forma parte da exclusiva lista de xogadores de LaLiga española representados na lista de finalistas do galardón. Xunto ao internacional turco aparecen os futbolistas de Primeira División Aarón Martín (Espanyol), Dembélé (Barcelona), Theo Hernández (Real Madrid) e Borja Mayoral (Real Madrid).
GOLDEN BOY – HISTORIAL DE GAÑADORES
2003. Van der Vaart
2004. Wayne Rooney
2005. Messi
2006. Cesc Fàbregas
2007. Agüero
2008. Anderson
2009. Alexandre Pato
2010. Balotelli
2011. Götze
2012. Isco
2013. Paul Pogba
2014. Sterling
2015. Anthony Martial
2016. Renato Sanches