Emre Mor, oitavo nos Golden Boy 2017

O futbolista celeste Emre Mor, un dos 25 finalistas ao prestixioso galardón Golden Boy do diario deportivo italiano Tuttosport, foi valorado finalmente como o oitavo mellor xogador europeo menor de 21 anos por un xurado formado por xornalistas especializados.

O gañador do trofeo nesta edición foi Mbappe, futbolista do PSG, que toma a substitución de Renato Sanches. O top 10 de 2017 complétano Gabriel Jesús (Manchester City), Gianluigi Donnarumma (Milan), Christian Pulisic (Borussia Dortmund), Kasper Dolberg (Ajax), Emre Mor (Celta), Federico Chiesa (Fiorentina) e Rodrigo Bentancur (Juventus).