Emre Mor troca o seu dorsal para a tempada 18/19

O atacante celeste Emre Mor lucirá novo número na súa camiseta durante a tempada 2018/2019. O turco-danés, ata agora co vinte e un na súa elástica, recolle o sete de Maxi Gómez, propietario agora do número nove.

Como xa se anunciou, as últimas incorporacións do RC Celta tamén escolleron dorsais: Néstor Araujo levará o catro, Okay o cinco e Juncá o dezasete. Ademais, o canteirán Brais Méndez deixa o vinte e seis para levar dorsal do primeiro equipo, o vinte e tres.

As camisetas con serigrafía xa están dispoñibles tanto nas tendas de Abanca-Balaídos e A Sede como na web shop.rccelta.es.