Emre Mor xa adestra cos seus compañeiros na Madroa

emre_mor_primer_entreno.jpg

 

Emre Mor regresou a Vigo a tempo para incorporarse ao adestramento vespertino deste mércores na Madroa. O internacional turco completou o seu primeiro adestramento baixo as ordes de Juan Carlos Unzué e reencontrouse co seu amigo Lobotka, co que coincidiu hai dúas tempadas no Nordsjaelland danés. A última fichaxe celeste presentarase ante a afección este venres ás 20:00 en Balaídos.

 

O eslovaco é outro dos internacionais que xa volveu á disciplina celeste tras finalizar os compromisos coa súa selección, do mesmo xeito que Iago Aspas, Sisto e Iván Villar. Este xoves regresarán á Madroa Pablo “Tucu” Hernández e Radoja, os últimos en reincorporarse.

 

Tamén participaron nesta sesión de adestramento os xogadores do filial Brais Méndez, Diego Alende, Pampín e Drazic.

Leave a Reply

eight + fourteen =