Emre Mor xogará cedido no Galatasaray

O extremo celeste Emre Mor xogará cedido no Galatasaray ata final da tempada 2019/20 tras o acordo alcanzado por ambos os clubs e o xogador. O equipo turco, ademais, terá unha opción de compra. O RC Celta deséxalle o maior dos éxitos durante esta cesión.