O Celta B exhibe a súa pegada ante o Rápido de Bouzas (3-0)

O Celta B mantense no podio da clasificación tras conquistar outros tres puntos. Os celestes enfrontáronse ao Rápido de Bouzas nun derbi vigués moi igualado, pero no que os de Albés demostraron moita máis pegada. Dúas expulsións do lado aurinegro, que terminou o encontro con nove, condicionou o devenir do choque. Jacobo, Pastrana e Alende foron os autores dos goles célticos.

FICHA TÉCNICA

3-CELTA B: Iván Villar, Farrando, Ros, Alende, Pampín, Rai, Pastrana (David, min.85), Molina (Serrano, min.63), Jacobo, Vega (Aarón, min.63), Iban Salvador.

Goles: Jacobo (1-0, min.25); Pastrana (2-0, min.82); Alende (3-0, min.90).

Campo: Barreiro (1.000 espectadores).