Un gol da Real ‘in extremis’ complica a eliminatoria ao Celta (1-1)

Un gol sobre a bucina da Real Sociedad pon costa arriba a eliminatoria copeira para o RC Celta. Os celestes realizaron un partido notable e deixaron acenos de que o equipo continúa crecendo e consolidándose. Tras un primeiro tempo no que o RC Celta dominou o balón, Iago Aspas adiantou aos célticos. Saque de esquina que Araujo prolongou ao segundo pau para o remate a gol do xenio de Moaña.

Os de Antonio Mohamed gozaron de varias ocasións para ampliar a súa vantaxe, pero un Rulli en estado de graza evitouno cun puñado de meritorias paradas. Cando o celtismo xa saboreaba a vitoria, a Real Sociedad aproveitou un dos poucos erros defensivos do RC Celta no partido para igualar o marcador e complicar a eliminatoria aos galegos. Todo por decidir no partido de volta en Anoeta.

FICHA TÉCNICA

1-CELTA: Rubén, Kevin, Costas, Araujo, Júnior Alonso, Okay, Lobotka (Beltrán, min.73), Hjulsager, Aspas, Sisto (Brais, min.45), Eckert (Mor, min.45).

1-R.SOCIEDADE: Rulli, Aritz, Llorente, Moreno, Theo, Zubeldia, Januzaj (William José, min.61), Pardo (Illarramendi, min.74), Zurutuza, Oyarzabal (Juanmi, min.70), Sandro.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.57), Juanmi (1-1, min.81).

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou a Brais e Kevin (Celta), Llorente, Oyarzabal, Zurutuza, Moreno, Illarramendi e Aritz (Real Sociedad).

Campo: ABANCA Balaídos (15.195 espectadores).

Observacións: o canteirán Kevin debutou co primeiro equipo. Lobotka retirouse lesionado e as probas médicas descartan que se trate dunha doenza grave. A megafonía e videomarcadores do estadio enviaron unha mensaxe de apoio a Luca Sangalli, xogador da Real Sociedad que recentemente sufriu un ictus.