En marcha o concurso de postais de Nadal da Fundación Celta e El Corte Inglés

Desde hoxe xa é posible participar no tradicional concurso de postais de Nadal que organiza a Fundación Celta de Vigo en colaboración co El Corte Inglés de Vigo.

A temática do concurso de postais será como é habitual o RC Celta e constará como cada ano con tres categorías segundo as idades:

  • Categoría A: de 5 a 7 anos
  • Categoría B: de 8 a 11 anos
  • Categoría C: de 12 a 14 anos

O formato dos traballos será en tamaño A4 en sentido vertical ou horizontal, utilizando cualquiera tipo de procedimiento pictórico (acuarela, óleo, lápis, ceras, agás colaxe). Ningún traballo deberá ir enmarcado nin con montaxe especial.

A convocatoria é do 6 de novembro ao 2 de decembro de 2019. A recepción dos traballos será no servizo de atención ao cliente do El Corte Inglés de Vigo (1ª planta).

Premios:

Trofeo e cheque regalo para as tres categorías establecidas.

Ademais haberá 3 premios:

  • Para o gañador absoluto
  • Para os colexios con maior participación
  • Un premio especial para a postal máis orixinal que se converterá na postal oficial de Nadal do Real Club Celta.

Repartiranse tamén regalos da Fundación Celta de Vigo para todos os gañadores. O gañador absoluto será invitado, xunto cos seus pais, a un partido do RC Celta durante a presente tempada de LaLiga.

A entrega de premios faráse no mes de decembro no El Corte Inglés de Vigo.