Entradas a 10€ para o debut do Celta de Unzué en Ferrol

trofeo_isidro_silveira_2017.jpg

 

O Racing Club de Ferrol presentou este xoves o I Trofeo Isidro Silveira, un triangular no que tamén participan RC Celta e Real Sporting e que servirá de homenaxe á figura do presidente do club ferrolán, recentemente falecido. O trofeo disputarase o sábado 22 de xullo ás 19:00 horas no estadio da Malata e as entradas para a zona visitante (Gol Norte) poderán adquirirse por 10 euros, salvo os menores de 12 anos que poderán acceder a calquera bancada por tan só 1 euro.

 

O triangular arrincará co choque entre RC Celta e Real Sporting e a continuación o Racing Club de Ferrol medirase aos asturianos. O trofeo pecharase co duelo entre vigueses e ferroláns.

 

PREZOS

Tribuna: 15€

Preferencia: 12€

Fondo Sur: 10€

Gol Norte (visitante): 10€

Menores de 12 anos: 1€

Leave a Reply

fifteen + nineteen =