Entradas dende 10€ e 15€ ante a UD Las Palmas

O RC Celta recibe o vindeiro luns 5 de marzo á UD Las Palmas (21:00, Balaídos), un choque que se presenta clave para non desengancharse da carreira polos postos europeos. O club anima a todos os abonados e afeccionados celtistas a acudir a este importante encontro para o que se estableceron uns prezos que parten dende os 10€ para SUB-25 e os 15€ para ADULTO.

As entradas poden adquirirse en Balaídos de luns a venres en horario de 10 a 14 e 17 a 20 horas ou en calquera momento en www.rccelta.es/taquillaCelta (só categoría ADULTO).