Entradas desde 10 euros para o crucial partido ante o Valencia

O RC Celta afronta este sábado un partido de gran importancia e dificultade ante o Valencia no que os celestes necesitan gañar para superar a súa actual mala racha e escalar posicións na táboa. Para recuperar confianza e sensacións e remontar o voo, os célticos precisan o alento da súa afección que para este encontro dispón de entradas desde 10 euros. O apoio ao equipo será clave neste choque no que o RC Celta busca reencontrarse coa vitoria e superar a súa angustiosa racha.

As entradas para este crucial encontro xa están á venda tanto nas taquillas de Abanca Balaídos como en tickets.rccelta.es.