Primeiro Equipo

Entradas desde 15 e 20 euros ante a Real Sociedad

RC Celta

preciosrealsociedad1516.jpg

 

A Real Sociedad visita este sábado o estadio de Balaídos con motivo da Xornada 29 de Primeira División. Os celestes, sétimos clasificados con 42 puntos, enfróntanse a un equipo á alza, adestrado polo ex celeste Eusebio Sancristán, que ocupa a novena praza da táboa con 35 puntos. O Celta afronta este choque co obxectivo de sumar tres puntos que lle manteñan na loita pola clasificación a competición europea, unha empresa na que o celtismo terá un papel crave. O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir a Balaídos para demostrar, unha vez máis, o seu incondicional respaldo e empuxar ao equipo cara á vitoria.

 

Os prezos para este encontro son os habituais desde a pasada tempada, con entradas para categoría ADULTO desde 20€ e para SUB-25 desde 15€. Os billetes poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, o sábado desde as 10 horas até o inicio do partido de maneira ininterrompida ou en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta   

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas