Hemeroteca celtismo

ENTRADAS | Os prezos mantéñense para recibir ao Eibar

RC Celta

precios_celta_eibar_web.jpg

 


986.21.32.30 – 986.21.32.34 – [email protected]


 

Xa están á venda as entradas para o partido de Primeira División ante a S.D. Eibar (sábado, 22:05h), un choque ante un rival directo en Liga e situado a un punto de distancia na clasificación. Tras o partido de ida, que rematou con empate a un gol, o Celta afronta un importante encontro coa ambición de continuar unha semana máis na parte alta da clasificación.

 

As entradas para o choque de Liga manteñen os seus prezos habituais: desde 20€ para ADULTOS e desde 15€ para SUB-25. O RC Celta anima a todos os abonados e afeccionados a acudir ao estadio de Balaídos este sábado para, unha vez máis, apoiar co seu incansable alento ao equipo e continuar transmitindo a súa enerxía e a súa paixón nun partido clave para definir as súas aspiracións cara á recta final da tempada.

 

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes de Balaídos de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20h, o domingo desde as 10h até o inicio do encontro ou en calquera momento a través de www.celtavigo.org/taquillaCelta. O día do partido a atención ao abonado comezará ás 16:45h.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas