Escoitamos: nova canle de comunicación co celtismo






Tras escoitar e analizar as demandas dos seus abonados sobre as carencias en materia de comunicación co club, o RC Celta pon en marcha Escoitamos, unha nova canle de comunicación co celtismo co que tratará de resolver de maneira áxil e eficaz as dúbidas, inquietudes ou incidencias expostas por abonados e afeccionados e prestar unha atención adecuada e acorde coas esixencias dos seguidores celestes.

Os abonados e afeccionados terán á súa disposición un espazo propio na web oficial do club, www.rccelta.es, ao que tamén poderán acceder de maneira directa desde o navegador cunha dirección propia e en tres idiomas: www.escoitamos.rccelta.es; www.escuchamos.rccelta.es e www.listening.rccelta.es. no que se ofrecerá información e respostas personalizadas. Por este medio, os celtistas poderán encher un sinxelo cuestionario para realizar as formulacións que consideren oportunos e que será respondido nun prazo máximo de tres días laborables. Tamén disporán dunha ampla sección de Faqs, preguntas frecuentes, na que se dan resposta a numerosas cuestións. Escoitamos inclúe ademais un punto de atención presencial nos despachos de billetes de Balaídos co horario habitual destas dependencias.

O club realiza desta maneira un notable esforzo para mellorar a atención ao celtismo e establecer unhas canles de comunicación fluídos que permitan que abonados e afeccionados poidan expor ao club as cuestións que consideren necesarias e recibir cumprida resposta nun breve espazo de tempo.