España cae na final do Europeo Sub-21 co céltico Jonny titular

jonny_españa_sub_21_europeo_alemania_final_2017.jpg

 

España terá que esperar para levantar o seu quinto Campionato Europeo. A Sub-21 caeu na final do torneo ante unha Alemaña que foi superior e á que lle bastou un solitario gol ao fío do descanso para facerse co título. O celeste Jonny Otto foi titular e disputou 51 minutos antes de ser substituído. O tamén canteirán Rubén Blanco foi suplente.

 

Copa Confederacións

Outros dous xogadores célticos vivirán unha final nas próximas horas. Os chilenos Marcelo Díaz e Pablo ‘Tucu’ Hernández afrontan este domingo un enfrontamento ante Alemaña que decidirá quen é o campión de Cópaa Confederacións 2017 (20:00, Gol TV). A Selección Chilena levantou o verán pasado o título de campión suramericano cos dous futbolistas celestes.

Leave a Reply

sixteen + eleven =