España, Uruguay e Dinamarca debutan con bo pé no Mundial de Rusia

As seleccións de Iago Aspas, Maxi Gómez e Pione Sisto arrincaron a súa participación no Mundial de Rusia con bos resultados. España empatou ante Portugal (3-3) nun partido intenso de principio a fin no que Aspas participou desde o minuto 76 en substitución de Diego Costa, bigoleador ante o conxunto luso. Maxi Gómez viviu desde o banco o agónico triunfo de Uruguai ante Exipto (0-1) cun solitario tanto ao fío do asubío final.

Por último, Pione Sisto foi o único internacional celeste titular co seu combinado nacional. Unhas molestias no tendón de Aquiles mantiveron no aire a participación do atacante ata o último minuto, pero finalmente xogou de inicio e gozou de 68 minutos sobre o terreo de xogo. O conxunto danés venceu pola mínima a Perú (0-1).

Iago Aspas (España)

Irán-España: mércores 20 ás 20:00 (Telecinco).

España-Marruecos: luns 25 ás 20:00 (Telecinco).

Maxi Gómez (Uruguai)

Uruguai-Arabia Saudí: mércores 20 ás 17:00 (Cuatro).

Uruguai-Rusia: luns 25 ás 16:00 (Cuatro).

Pione Sisto (Dinamarca)

Dinamarca-Australia: xoves 21 ás 14:00 (Cuatro).

Dinamarca-Francia: martes 26 ás 16:00 (Cuatro).