Este domingo, derbi vigués no Baltasar Pujales

Partido de máxima esixencia para o Celta B. O sorprendente Rápido de Bouzas, cuarto clasificado do Grupo 1 da 2ªB con 42 puntos, recibe ao filial celeste no Baltasar Pujales o domingo ás 16:30 horas. Os de Rubén Albés deberán exhibir a súa mellor versión para vencer aos aurinegros e lograr tres puntos moi valiosos. As entradas teñen un prezo de 15 euros.