Este luns comeza en A Madroa unha apaixonante Copa de Campións

Este luns arrinca na Madroa unha ilusionante competición para a canteira celeste, a Copa de Campións de División de Honra Xuvenil, que, organizada polo RC Celta xunto á Federación Galega de Fútbol, reúne aos mellores equipos do panorama nacional,

Esta prestixiosa competición celebrarase entre os días 6 e 11 de maio nas instalacións deportivas da Madroa e o Estadio de ABANCA Balaídos. Xunto ao RC Celta estarán presentes Numancia, Zaragoza, Sevilla, Atlético de Madrid, Real Madrid, como mellor segundo, Tenerife e Vilarreal.

Os emparellamentos serán os seguintes:

Cuartos de final

1)      CD Tenerife vs RC Celta ? A Madroa, 6/5/2019 ás 10.00 horas

2)      Atlético de Madrid vs Real Zaragoza ? A Madroa, 6/5/2019 ás 12.30 horas

3)      Vilarreal CF vs CD Numancia ? A Madroa, 6/5/2019 ás 16.00 horas

4)      Real Madrid vs Sevila FC ? A Madroa, 6/5/2019 ás 18.30 horas

Semifinais

1) Gañador Cuartos de Final 1 vs Gañador Cuartos de Final 2 ? ABANCA Balaídos, 8/5/2019 ás 12.00 horas

2) Gañador Cuartos de Final 3 vs Gañador Cuartos de Final 4 ? ABANCA Balaídos, 8/5/2019 ás 17.00 horas

Final

3) Gañador Semifinal 1 vs Gañador Semifinal 2 ? ABANCA Balaídos 11/5/2019 ás 12.00 horas