Este sábado, todos ao estadio ás 18:50 horas para vivir a presentación do RC Celta

O RC Celta recibe este sábado ás 19.30 horas en ABANCA Balaídos ao Mainz 05 nun partido, correspondente ao Memorial Quinocho, que atesoura diversos incentivos para o celtismo. Para vivilos e participar en todos eles, o club insta á afección a que acuda ao estadio antes das 18.50 horas.

A partir desa hora comezará a presentación do equipo coa saída ao céspede de xeito individual de cada un dos integrantes de plantel e corpo técnico e as habituais palabras á afección do capitán, Hugo Mallo, o adestrador, Antonio Mohamed, e o presidente Carlos Mouriño. O club insta aos afeccionados que acudan ao encontro a que ocupen os seus asentos antes das 19.00 horas para arroupar aos xogadores nesta presentación, que incluirá algunha sorpresa.

Entre os alicientes deste choque destaca a súa gran carga emocional, xa que se trata dunha homenaxe o inesquecible xerente Quinocho, e o fin solidario que ofrece este ano, xa que a recaudación, con entradas a tan só 5 euros, destinarase de xeito íntegra aos veciños de Paramos e Guillarei, en Tui, afectados pola explosión dun almacén pirotécnico o pasado mes de maio. É ademais o primeiro partido en Vigo do Celta de Antonio Mohamed.

As entradas terán un custo único de 5 euros para o público xeral, mentres que os abonados do RC Celta poderán acceder co seu carné en vigor. Ademais, habilitouse unha conta solidaria para aqueles afeccionados que non poidan acudir ao partido e desexen apoiar a iniciativa solidaria: ES80 2080 5066 7330 4003 5840.

A grada de Marcador non estará dispoñible neste encontro debido ao evento organizado na explanada desta grada pola Federación de Peñas do RC Celta con motivo do seu XXV aniversario. Os abonados de Marcador que queiran asistir ao partido terán que retirar nas taquillas unha invitación para a gradas de Gol, Rio Baixo e Rio Alto ata esgotar aforo.

As billeteiras abren este sábado desde as 10:00 ata o inicio do partido.