Estreamos reportaxe do Celta Integra na previa da xornada de LaLiga Genuine!

O Celta Integra puxo rumbo a Mallorca este venres. Os celestes viaxan á illa balear para participar na terceira xornada de LaLiga Genuine, unha experiencia espectacular na que, ademais, cultivaron moi bos resultados ata o momento. Con motivo desta nova xornada, a última antes da cita definitiva en Vigo do 8 ao 10 de xuño, Celta Media estrea unha emocionante reportaxe sobre o equipo da Fundación Celta.