Eurorrexión celeste recibe a visita do CEIP Tirán de Moaña

Cincuenta e sete integrantes do CEIP Tirán de Moaña visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante a SD Eibar dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando Centro acudiu Dª Xela Cuñado Otero, mestra, e D. Ignacio Javier Sousa Fandiño en representación dos pais.

A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.