Eurorrexión Celeste recibe este venres a un solidario Concello de Valga

Cincuenta e cinco veciños do Concello de Valga visitarán este venres o estadio de Balaídos, día do partido de Liga ante o CD Leganés, como parte do programa “Eurorrexión Celeste”. Esta iniciativa da Fundación Celta está destinada a fomentar o celtismo na zona de Galicia e Norte de Portugal.

Os membros da expedición do Concello de Valga, ao coñecer que coincidindo coa súa visita ao estadio iníciase a campaña ‘Celeste Solidario’ de doazón de alimentos e xoguetes, organizaron unha recollida na súa localidade para colaborar con esta acción solidaria da Fundación Celta.