‘Eurorrexión Celeste’ recibiu a rapaces da Escola ADC Sagrado Corazón de Lugo no partido contra o Rayo Vallecano

Cincuenta e cinco rapaces da Escola ADC Sagrado Corazón de Lugo visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Rayo Vallecano dentro do programa “Eurorrexión Celeste”. Representando ao grupo acudiron D. José Flores Obarrio secretario e D. José Ferreiro Núñez tesoreiro da Escola ADC Sagrado Corazón.

A expedición visitou o Museo onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e presenciou o quecemento dos equipos antes do encontro.

Foto cortesía do ADC Sagrado Corazón.