‘Eurorrexión Celeste’ recibiu a rapaces do Club Grupo Casa Paco de Redondela no partido contra o Valencia CF

Cincuenta e sete rapaces do Club Grupo Casa Paco de Redondela visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Valencia CF dentro do programa “Eurorrexión Celeste”. Representando ao grupo acudiron D. Manuel Conde Docampo Presidente e D. José Carlos Conde Diéguez vicepresidente do Grupo Las Paco.

A expedición visitou o Museo onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e D. Germán Arteta, Director da Fundación Celta de Vigo e presenciou o quecemento dos equipos antes do encontro.