‘Eurorrexión Celeste’ recibiu a veciños do Concello de Burela no partido contra o Girona FC

Cincuenta e cinco veciños do  Concello de Burela visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Girona FC dentro do programa “Eurorrexión Celeste”. Representando ao grupo acudiron D. Ramón Lestegas Gómez, Vicepresidente do Club A Marosa e D. Jaime Pérez Gómez, Directivo do Club A Marosa.

A expedición visitou o Museo onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e o Director da Fundación D. Germán Arteta e presenciou o quecemento dos equipos antes do encontro.