‘Eurorrexión Celeste’ recibiu a veciños do Concello de Tui no partido contra o Getafe CF

               

Cincuenta e sete veciños do  Concello de Tui visitaron este sábado o estadio de Balaídos e asistiron ao partido ante o Getafe CF dentro do programa ” Eurorrexión Celeste”, representando ao Concello acudiu D. Carlos Vázquez Padín, Alcalde da localidade e D. Andrés Urseira González, Concelleiro Eurocidade e Relacións Supramunicipais.