‘Eurorrexión Celeste’ recibiu a visita do Club Deportivo La Peña de Marín

Cincuenta e sete veciños do Club Deportivo La Peña de Marín visitaron este xoves o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o RCD Espanyol dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao grupo acudiron D. Antonio Caiña Fortes, concelleiro de coordinación de actividades deportivas do Concello de Marín e Dna. Natalia Moreira López, tesoureira do club marinense.

A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e o Director da Fundación D. Germán Arteta, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.