Excesivo castigo para o Celta B en Talavera (3-0)

O filial celeste caeu derrotado no campo do Talavera nun partido que comezou cun pulo celeste que se foi diluíndo co avance do cronómetro. O cadro local adiantouse antes do descanso e tras a continuación aumentou a súa vantaxe no marcador.

O Celta B tentou recortar distancias con máis arroxo que efectividade, pero a expulsión de Adrián con dobre amarela no tramo final do choque compricou as opcións dos vigueses. Xa no tempo engadido, o Talavera certificou o triunfo local co definitivo 3-0.