Excesivo castigo para o RC Celta no Bernabéu (2-0)

O RC Celta caeu este sábado ante o Real Madrid (2-0) nun partido que se decidiu pola pegada dos brancos. Ambos equipos tiveron ocasións para poder abrir o marcador antes de que o fixese Isco mediada a segunda metade.

A primeira metade arrincou con infortunio para o equipo celeste, que perdeu a Juncà aos poucos minutos por unha desgraciada lesión. O conxunto adestrado por Fran Escribá estivo ben asentado sobre o terreo de xogo e gozou de varias ocasións claras. Os locáis tamén tiveron chegadas perigosas, pero o encontro chegou ao descanso con empate sen goles.

O Real Madrid fíxose co control do partido despois do intermedio e logrou adiantarse no marcador grazas a unha triangulación que finalizou Isco. O RC Celta tratou de igualar o encontro no tramo final, aínda que non foi capaz de bater a Keylor Navas. Os brancos ampliaron a súa vantaxe cun gol de Bale.

FICHA TÉCNICA

2 – Real Madrid: Keylor; Odriozola, Varane, Ramos, Marcelo; Kroos, Modric (Valverde, min 75), Isco (Ceballos, min 63); Bale, Asensio e Benzema (Mariano, min 81).

0 – RC Celta: Rubén; Kevin, Costas, Araujo, Juncà (Hoedt, min 4); Lobotka, Okay Yokuslu (Beltrán, min 74); Pione Sisto, Brais, Boufal (Hjulsager, min 69) e Maxi Gómez.

Goles: 1-0 Isco, min 62; 2-0, Bale, min 76;

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Bale (Real Madrid)

Campo: Santiago Bernabéu