Primeiro Equipo

Exhibición do Celta e Jozabed no empate ante o Burnley (2-2)

RC Celta

burnley_celta_2017_turf_moor_maxi_gomez.JPG

 

MIRA OS 4 GOLES DO PARTIDO AQUÍ

 

O Celta ofreceu unha sensacional imaxe ante o Burnley nun partido no que brillou Jozabed Sánchez, autor de dous fantásticos goles en apenas catro minutos. A pesar do dominio absoluto do cadro galego, os ingleses empataron o partido.

 

O conxunto local adiantouse no marcador ao trece minutos de xogo por medio de Brady, un tanto que non pesou aos celestes, dominadores do choque practicamente desde o asubío inicial e que enseguida comezou a inquietar a portaría do Burnley. Tras un par de intentos de Aspas e Hjulsager, o andaluz Jozabed Sánchez apareceu no minuto 34 para pór o empate cun bo gol logrado cun lanzamento certeiro desde a frontal da área.

 

Non quedou aí a achega goleadora de Jozabed. Apenas catro minutos despois o centrocampista celestes superouse a si mesmo mellorando a súa primeira diana cun auténtico golazo por toda a escuadra, un tanto que mesmo levantou aplausos entre a afección local. No segundo tempo a superioridade dos de Unzué continuou crecendo e mellorando as súas sensacións. A pesar diso, o Burnley logrou empatar o resultado.

 

No descanso Rubén substituíu a Sergio na portaría e no minuto 61 o técnico céltico deu entrada a todos os suplentes. Os vigueses envorcáronse na área rival ata o último alento á procura do gol da vitoria. Merecérono, pero non chegou. O Celta pecha o seu último compromiso en Inglaterra cun empate e excelentes sensacións. O sábado o equipo viaxará a Alemaña para medirse ao Bayer Leverkusen (BayArena, 14:00 CEST).

 

FICHA TÉCNICA

2-Burnley: Pope, Lowton, Long, Taylor, Ward, Brady, Defour, Cork, Hendrick, Gudmundsson, Vokes.

 

2-Celta: Sergio, Roncaglia, Costas, Cabral, Jonny, Radoja, Jozabed, Wass, Iago Aspas, Maxi Gómez y Hjulsager. No segundo tempo entraron Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Pampín, Lobotka, Pape, Brais, Beauvue, Sisto, Guidetti.

 

Goles: Brady (1-0, min.13); Jozabed (1-1, min.34); Jozabed (1-2, min.38); Hendrick (2-2, min.59).

 

Campo: Turf Moor.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas