Éxito de participación e público na terceira edición da Copa Celta de Campeche

Celta Campeche, a primeira escola de fútbol do RC Celta en México, despediu este luns a terceira edición da Copa Celta, un recoñecido e prestixioso torneo de fútbol base que foi todo éxito de participación e asistencia de público. No campionato deste ano participaron ao redor de 150 equipos de todo o mundo e máis de 2.000 novos futbolistas.

A Copa Celta de 2019 contou coa presencia das principais canteiras mexicanas, clubs europeos como o RC Celta, Atlético de Madrid ou Porto e conxuntos doutros países como Xamaica, Estados Unidos ou Xapón. O equipo celeste estivo representado polo seu conxunto Infantil A.