EXPERIENCIAS DO CLUB

Ofrecémoslles unha serie de actividades en relación co Club e o fútbol. As actividades propostas son as seguintes:

Día de Encontro

Ver un partido en directo da mellor competición do mundo, LaLiga. Ofrecemos múltiples opcións para gozar do partido: desde a bancada, o palco presidencial ou palcos Vip.

Visita ao Estadio de Abanca Balaídos

Nun dos fondos do estadio atópase o Museo do  RC Celta, que contén pezas moi interesantes da historia do Club, desde a súa fundación en 1923 ata a actualidade.

O circuíto polo estadio inclúe, a parte da visita ao museo:

  • Vestiario do RC Celta.
  • Zona mixta/Zona de prensa.
  • Terreo de xogo a pé de campo.
  • Palco presidencial.

Ver en vivo adestramentos dos equipos do Celta

Ofrecemos a oportunidade de ver os adestramentos de calquera dos equipos que compoñen o RC Celta, desde as categorías inferiores ata o primeiro equipo. Este servizo só está dispoñible se os adestramentos son a porta aberta:

  • Primeiro equipo.
  • Celta B.
  • Equipos de Categorías Inferiores.

Foto con xogadores do primeiro plantel

Podes coñecer aos xogadores do  RC Celta, conseguir un autógrafo seu e tomarche unha foto con eles, un recordo fantástico para calquera afeccionado ao fútbol.

Esta acción está suxeita á dispoñibilidade do primeiro equipo.

Video da experiencia

Consegue un vídeo da túa experiencia cos Programas do RC Celta. Un cámara seguiravos durante as actividades que se contrataron.