Campeche

Felipe Miñambres visita a escola da Fundación Celta en Campeche

RC Celta

FelipeWeb.jpg

O director deportivo do RC Celta Felipe Miñambres estivo esta semana de viaxe en México para coñecer de primeira man o traballo que se realiza na maior e máis lonxeva escola internacional da Fundación Celta, situada na cidade de Campeche.

O directivo aproveitou a súa visita para compartir as súas impresións cos preparadores e cos máis de 250 alumnos que participan semanalmente na escola e  que cada ano cultivan maiores éxitos. Ademais os participantes tiveron a oportunidade de asistir a unha charla onde o directivo ofreceu a súa visión sobre o fútbol actual e o traballo na canteira.

 

RC Celta

Etiquetas

Campeche Campeche Campeche

Noticias recomendadas