Fontàs desvincúlase do RC Celta tras cinco tempadas de entrega e profesionalidade

Andreu Fontàs desvincúlase do RC Celta despois de cinco tempadas nas que axudou a escribir páxinas inesquecibles da historia do club: o retorno a Europa, dúas semifinais copeiras e unha de Europa League… O defensa catalán abandona a entidade viguesa tras disputar 121 partidos coa elástica celeste entre Liga, Copa e da competición europea.

Máis aló do seu rendemento, Andreu Fontàs foi un exemplo de profesionalidade, entrega e comportamento desde a súa chegada no verán de 2013 ata a súa marcha. O RC Celta desexa expresar ao xogador o seu máis profundo agradecemento pola súa implicación no proxecto deportivo do club, o seu compromiso e a súa actitude, ademais de desexarlle o maior dos éxitos nesta emocionante nova etapa que inicia. Boa sorte e grazas, Andreu!