Fran Beltrán, convocado de novo coa Selección Española Sub-21

O centrocampista do RC Celta Fran Beltrán volveu a ser convocado coa Selección Española Sub-21. O xogador celeste foi chamado polo técnico Luís de la Fuente para os partidos clasificatorios que o combinado nacional disputará ante Alemaña (10 outubro) e Montenegro (15 outubro) .