Fran Beltrán recibe ao celtismo na tenda oficial de Abanca Balaídos

O centrocampista Fran Beltrán, un das fichaxes do RC Celta para a nova tempada, acudiu este mércores á tenda oficial celeste no estadio Abanca Balaídos para atender aos afeccionados. O madrileño atendeu a todos os asistentes, fotografouse con eles e asinou autógrafos no establecemento céltico.