Primeiro Equipo

Fran Escribá: “A idea de partido traballámola moi ben”

RC Celta

Lista de convocados: están todos dispoñibles excepto lesionados e sancionados

Apercibidos: o único partido que importa é o de mañá. A súa dificultade é moi grande, pero outra cousa é que o transcorrer do mesmo lévenos a tomar decisións.

Kevin: é unha das opcións e a máis natural. Kevin adestra a tope sempre e é un exemplo en canto a todo. E se lle toca volver a non xogar estará preparado porque é un pracer verlle adestrar.

Iago Aspas: ilusiónanos que despois do parón estea e confiamos niso, pero teño claro que non vou correr ningún risco con el.

Real Madrid: é certo que tiveron unha semana de malas resultados que lles deixou sen obxectivos, pero a nivel de afección seguro que a chegada de Zidane é ilusionante. Se habemos visionado partidos do ano pasado pero noutros sentidos non nos afecta.

Partido: o Real Madrid é un equipo que che pode tirar abaixo calquera plan. A idea de partido traballámola moi ben.

Melloría: interésanos ter o balón máis tempo e darlle amplitude ao equipo.

Cambios: é probable que semana a semana haxa cambios e non quero que os xogadores teñan a sensación de que van xogar os mesmos.

Descenso: queremos saír canto antes de aí e mañá temos a primeira oportunidade para iso. Calquera bo resultado ao grupo faríalle moito ben.

Puntos para a salvación: non teño nin idea.

Xogadores: hai veces que en determinados momentos uno ten ao once que cre que estean mellor e pensa naqueles que lle poden dar máis carácter ao equipo.

Rival: o Real Madrid ten grandes xogadores e seguro que quererán dar o mellor co novo técnico. Pero cando un xoga contra este equipo preocúpalle o colectivo.

Gol: é certo que no último mes fixemos poucos goles en xogo e a min gústame traballar moito a finalización nos adestramentos. Traballámolo.

Maxi Gómez: eu véxolle ben. É certo que a nivel de números non está no seu mellor momento pero non é algo que me preocupa. Eu dígolle que se relaxe, que demostre o seu potencial e seguro que os goles chegarán.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas