Fran Escribá: “É un partido para ter moita personalidade”


Dispoñibles: non están dispoñibles Mor, Juncà e Radoja

Emre Mor: ten unha molestia no nocello, tentouno pero non puido. A ver se a semana que vén pode estar

Ramadán: descansan un pouco peor polas noites. Non me condiciona, falei con eles e dixéronme que están perfectos. Nós respectamos as súas crenzas.

Descenso: calquera dos que baixe dóeme porque compañeiros e afeccións dérono todo por seguir en Primeira. Non teño ningunha preferencia.

Athletic: é un equipo moi forte na súa casa e estanse xogando poder ir a Europa. É un partido para ter moita personalidade porque San Mamés esíxeche moito.

Salvación: A situación segue sendo complicada pero está na nosa man. Non temos outro obxectivo que gañar mañá. Non é o ideal chegar ao último partido con cousas por facer

Cambios: non é desatinado pensar en cambios. É certo que Williams é un dianteiro moi perigoso ao espazo

Rival: van apertar moito desde o minuto 1 e por iso creo que temos que ter moita personalidade.

Maxi Gómez apercibido: vai xogar. El debe facer o que fixo neste nove partidos, que é ser intelixente sen perder agresividade