Fran Escribá: “Estamos seguros de que a afección xogará o partido connosco”


Rival: Imos ver un bo Barça seguro. Sabemos que Rakitic e Busquets non veñen por sanción. É un bo momento para nós porque cremos que somos capaces de gañar a calquera equipo.

Afección: somos moi optimistas e estamos a ser moi fortes nos partidos de casa grazas ao apoio da xente. Estamos seguros de que van xogar o partido connosco.

Rotacións Barça: temos claro que veña quen veña son xogadores do FC Barcelona. Cando noutras xornadas xestionaron o descanso dalgúns xogadores competiron ben.

Brais Méndez: está moi ben. O outro día fixo bastante nun partido de ritmo moi alto. Esta semana notar moito que puido adestrar co resto de compañeiros.

Partido: é moi importante para nós. Estou convencido de que van vir a gañar o partido, pero temos que facer ver desde o minuto que para nós é un encontro vital.

Iago Aspas: está case perfecto.

Baixas: están todos. Mañá faremos unha pequena activación e aí decidiremos a lista. Para min é un problema á hora de facer descartes pero é unha alegría como adestrador.

Final: ningún resultado vainos a dar nada definitivo pero si é certo que unha vitoria nos axudaría moitísimo. Quero que a mentalidade sexa coma se este fóra o último partido de Liga. É certo que calquera derrota nos afasta do obxectivo.

Araujo: a nivel deportivo está claro que me gusta porque o poño en case todos os partidos e a nivel persoal tamén é un mozo que está moi adaptado.

Partidos en casa: o apoio da nosa xente foi fundamental nos últimos partidos e desde logo mañá vainos a custar moitísimo porque nos atoparemos a un gran equipo enfronte.

Messi: eu son dos que considero a Messi como o mellor xogador que vin na miña vida. Encántame verlle xogar pero prefiro que non veña.