Fran Escribá: «Este é un proxecto e un reto ideais para min»

O RC Celta presentou este luns no Salón Regio de A Sede ao novo adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, que compareceu por primeira vez ante os medios como técnico celeste acompañado polo presidente Carlos Mouriño e o director deportivo Felipe Miñambres.

Escribá, que dirixirá este martes ás 10:30 a súa primeira sesión (A Madroa, porta aberta), asegurou ver ao equipo “con ganas e disposto a afrontar o que queda” e puxo o foco en “un problema de equilibrio” por encima de cuestións defensivas. O novo adestrador céltico pediu centrarse no agora a todos os implicados: “Só débenos importar o partido do domingo e sumar de tres en tres. Facer contas non vai coa miña forma de ser”, declarou.

O adestrador valenciano contará con David Generelo como segundo adestrador, Miguel Villagrasa como preparador físico e David Martínez como técnico asistente, pero ademais, Felipe Miñambres informou de que os ex xogadores celestes e actuais membros da secretaría técnica Mario Bermejo e Borja Oubiña, colaborarán activamente co novo corpo técnico.