Fran Escribá. “O do Girona é un partido importantísimo”

Renovación de Iago Aspas: fantástica noticia para o club, para o corpo técnico e plantel e para toda a afección.

Girona: é un partido importantísimo pero temos claro que ocorra o que ocorra non será definitivo. Entramos nunha semana con tres encontros e confiamos en facer un bo partido na casa.

Perigo: a maioría de resultados negativos que tiveron nas últimas semanas foron en casa. O Girona ten un bo persoal, con moi bo xogo directo e con futbolistas rápidos. Teremos que dominar o apartado das transicións defensivas.

Stuani e Aspas: son dous xogadores importantísimos para ambos equipos.

Semana con tres partidos: a nosa idea vai ser a mesma que no anterior ciclo de tres partidos e non poderán xogar os mesmos o tres encontros. Na situación na que estamos repetir unha semana como aquela achegaríanos moitísimo ao obxectivo.

Calendario: mirei o calendario do rivais pero os puntos que nos van a salvar son os nosos.

Lesionados: están moi xustos e o que queremos evitar é unha recaída. Salvo Brais e Juncà o resto están dispoñibles.