Fran Escribá: “Queremos conseguir unha vitoria diante da nosa xente”

Emre Mor: ten unha molestia que non se lle acaba de ir, é unha lesión mínima, practicamente nin lesión, pero limítalle

Final de liga: o corpo técnico ha sufrido dous meses e medio, pero club e afección fixérono durante 10 meses. Hai ganas de que acabe todo ben e conseguir unha vitoria diante da nosa xente, que seguro que nos volve a empuxar.

Preparación do partido: o grupo sempre adestrou ben en canto a alegría. Os xogadores queren acabar ben, polo que sufriron e pola afección. O equipo está máis que motivado.

Girona: pensaría que é moi, moi difícil porque hai unha diferenza de goles importante. Nós imos facer todo por gañar o partido e iso eliminaría calquera opción.

Pione Sisto: no día a día é un dos xogadores máis queridos, tanto polo grupo como pola afección.

Forma de adestrar: son unha persoa estrita e gústame que se cumpran as normas que impoño.

Tempo no RC Celta: estou moi agradecido ao club, pero o único que me preocupa é o partido de mañá.

Cabral: demostrei que lle aprecio no persoal e no futbolístico. Sigo pensando que non era o central idóneo para frear a Williams. El é un xogador moi importante.

Rayo Vallecano: é un equipo que competiu a maior parte dos partidos e aquí van vir a gañar.

Continuidade: estou moi a gusto aquí, mesmo nos peores momentos estíveno. A afección foi moi cariñosa comigo e agradézollo.