Hemeroteca canteira

Frustrante empate do Celta B ante o Céltiga

RC Celta

celta_b_-_celtiga.jpg

Os célticos non puideron traducir seu dominio en goles. Santi Mina retirouse mancado no primeiro tempo

 

O Celta B acaparou o xogo ofensivo no primeiro tempo, aínda que xerou contadas ocasións de auténtico perigo. Pasados o dez minutos e tras varios tímidos achegamentos, Borja penetrouse na área rival nunha gran xogada persoal e a punto estivo de anotar. O disparo, frouxo, non puxo en problemas a Vila.

 

O Céltiga non rematou a porta até o minuto 38, un tiro desde fóra da área ante o que Rubén non tivo que intervir. Mentres tanto, os vigueses continuaban mantendo a posesión e axexando en campo rival. Ao fío do descanso dúas boas xogadas individuais, unha de Maceira e outra de Borja, a punto estiveron de supor o 1-0, que non chegaría até o segundo tempo.

 

No minuto 48 Víctor Vázquez adiantou aos célticos tras aproveitar un erro do guardamenta do Céltiga, ao que se lle escapou de entre as mans o balón tras unha falta sacada por Maceira.

 

O tanto celeste espertou aos visitantes. O conxunto arousán aumentou a súa intensidade, mellorou na posesión e comezou a levar o xogo máis preto da área olívica, até atopar a súa recompensa no 66. Nunha acción similar á acontecida no gol vigués, Plevak aproveitou un balón mal rexeitado por Rubén para empatar o partido.

 

O dominio do Celta B desapareceu a favor dun partido moito máis igualado. Os de Pichi Lucas mantiñan as súas opcións en ataque, pero cun rival moito máis avezado en busca do segundo gol. No 72 Plevak avanzou libre de marca cara á portaría celeste, pero un xenial Rubén Branco frustrou a xogada gañando ao dianteiro arousán no un contra un.

 

Os célticos tiveron o absoluto protagonismo desde ese momento e até o final do encontro, pero as ocasións de gol resistíronse a chegar. Co tempo regulamentario xa cumpido, o Celta B reclamou unha man dentro da área do Céltiga.

 

FICHA TÉCNICA

1-CELTA B: Rubén, Soto, Víctor Vázquez, Maestre, Maceira, Borja, Madinda, Benja (Marcos Torres, min.68), Félix, Aitor (Añón, min.57) e Santi Mina (Rubén Martínez, min.31)

 

0-CÉLTIGA: Vila, Janeiro, Sombri, Beni, Unai, Grova, Berto (Cerqueira, min.64), Jacinto, Plevak (Eugenio, min.85), Breogán e Juanito

 

Goles: Víctor Vázquez, 1-0 (min.48); Plevak, 1-1 (min.66)

 

Árbitro: Domínguez de Bernardi. Amonestou a Jacinto

 

Campo: Municipal de Barreiro

 

Observacións: Santi Mina retirouse mancado no minuto 31 do primeiro tempo

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas