Fundación Celta e Celta Atletismo reforzan o seu vínculo cun convenio de colaboración

O director da Fundación Celta, Germán Arteta, e o presidente do Celta Atletismo, José Ángel Serantes, selaron este mércores en A Sede un convenio de colaboración co que reforzan os seus lazos de unión. O vínculo entre ambas as entidades estreitouse nos últimos anos, especialmente por mor de Invasión Celeste, a carreira popular da Fundación Celta na que colaboran a modo de voluntarios os novos atletas do Celta Atletismo. Con este novo acordo, a Fundación Celta referenda o seu apoio ao deporte basee en todas as súas disciplinas e abre un novo marco para intensificar a colaboración co club de atletismo.